
Tuenti é unha rede social virtual dirixida á poboación nova española. Permite ao usuario crear o seu propio perfil, subir fotos e videos e contactar con amigos. Ten outras moitas posibilidades como crear, eventos, etiquetar amigos en fotos. Caracterízase tamén polo seu potente buscador.
Inaugurado en xaneiro de 2006, Tuenti é un dos sitios web máis visitados en España.
Tuenti é unha rede social de acceso restrinxido á que só se entra mediante a invitación dun membro anteriormente rexistrado. Este mecanismo, segundo a empresa, garante en principio que todo usuario recentemente chegado xa teña unha ligazón con outro membro da rede a partir de cal poida empezar a establecer relacións co resto dos usuarios.O éxito de Tuenti radica na garantía de privacidade que ofrece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario