jueves, 4 de junio de 2009

Facebook.


Facebook é unha rede social de internet que fundou o 4 de febreiro de 2004 Mark Zuckerberg mentres estudaba en Harvard. Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade, progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League. Máis adiante a rede ampliouse a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse. Hoxendía conta con 120 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e unirse a redes concretas, relacionándose segundo a súa situación xeográfica ou académica.

O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente libro de caras. Existen versións do sitio en diversas linguas e aínda que hai un grupo de usuarios interesados en traducir o sitio ao galego polo de agora non o está, porén si está na opción de idiomas.


Esperamos que vos gustase a nosa entrada orixinal.


Cortesía de Mauro e Carla.


Saúdos e boas festas:D



No hay comentarios:

Publicar un comentario